Non hai que ser unha Casa para ter Pantasmas Non é necesario ser unha Habitación – Pois o Cerebro ten Pasadizos – ao marxe do Espazo Material – É máis seguro toparse a Medianoite Cun Espíritu de fóra, Que plantar cara ao que se leva dentro – Ese Xélido Hóspede. É máis seguro profanar as Lousas Ao percorrer unha Abadía – Que atoparse sen Armas a un mesmo – En Lugar solitario – O eu que vixía tralo eu – Debería asustarnos moito máis – Un Asasino oculto na nosa Casa Non é tan terrorífico – Toma o Corpo – un Revólver – E pecha os Candados – Ignorando a un espectro máis temible – Ou Algo máis – Poema 670 Poemas á morte, Emily Dickinson CREACIÓN E INTERPRETACIÓN | prácido·domingo - Diego M. Buceta, Belén Bouzas, Fran Martínez. VÍDEO | Sintesis Creative Studio - Diego T. Freijeiro
