O local de Ler librerías en Santa Comba quedouse pequeno para acolller a charla coloquio “Voces de éxito. Consellos de futuro” que contou coa participación do Catedrático de Medicina Legal Ángel Carracedo, do Catedrático de Física Jorge Mira, da terapeuta Beatriz Rey e da artesá Esther Ferreiro. Tampouco quixo perderse o evento a profesora Carmen Parafita que interveu a través de Skype.

Todos os relatores reivindicaron a cultura do esforzo e animaron ao público, onde había moita xuventude, a buscar a felicidade traballando nas súas verdadeiras vocacións

O evento estivo amenizado polo grupo xalleiro de rock Grand Soul Band que ofreceu unha actuación en formato acústico.A presentación correu a cargo da responsable de Ler Librerías, Isabel Ares.

A vindeira cita será o vindeiro venres 10 de marzo ás 20.00h cunha dobre presentación literaria, a do libro “Costa da Morte. Crónica marítima” de Rafael Lema e a de “Baos” de Natalia Lema Otero.